O Campionato de España júnior tivo cor lucense. O CB Sarria foi Campión Provincial na Segunda División

En 1ª División, 2ª División, Júnior, Junior Feminino

Para a historia queda xa a participación de dous clubs lucenses no Campionato de España júnior feminino por primeira vez dende a creación desta competición. Durán Maquinaria Ensino e Estudiantes, que acadaron a segunda e a cuarta posición respectivamente na Liga Regular, obtiveron o premio na final a catro que se disputou en Lugo, e chegaron á mariña lucense, sede este ano do Campionato, para competir todos os seus encontros ante rivais de moita entidade.
Os resultados déronlle as costas a Estudiantes, que competiu de poder a poder nos tres partidos da primeira fase pese a non conseguir unha vitoria, que sería xusta tralo demostrado polas celestes na pista.
Por outro lado, o Ensino, que tamén se proclamou a principio de tempada Campión da Copa Galicia, acadou unha histórica sexta posición tras vencer tódolos seus encontros da primeira fase e o de oitavos de final ante o Rivas madrileño por 60-71. As de Juan Nécega só se viron freadas polo todopoderoso Maspalomas canario en cuartos de final, á postre campión, e cederon no encontro polo quinto posto ante o Basket Almeda.
En canto á Liga Provincial, o María Teresa Martínez Dental CB Sarria proclamouse campión invicto nunha competición na que tamén participaron Be One Ribadeo, Porta XI Ensino e Carferlo Viveiro. As de Iago Castro selaron unha boa actuación na fase de ascenso. Nunha competición dominada polo Pio XII Rosalía as sarriás conseguiron facerse con dúas vitorias, en casa e a domicilio ante Basket Xiria.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu