O campión provincial prepara as vacacións

En 2ª División, Cadete, Cadete Feminino

O Ría de Ribadeo despedirá unha nova tempada exitosa a próxima fin de semana ante o líder de grupo, Culleredo

 

MARISTAS 53 – CB RIBADEO 32

O Ría de Ribadeo cadete feminino, de novo campión Provincial, despedirá a tempada a próxima fin de semana en casa ante o líder deste grupo da fase de ascenso, un Culleredo que suma por vitorias os cinco encontros disputados ata a data.
A última saída a domicilio desta tempada para as de Jose Vázquez foi a Coruña para medirse con Maristas nun partido marcado polo cansazo acumulado durante todos estes meses polas mariñás e pola falta de motivación ao non ter opcións xa de ascenso.
Todo isto marcou os primeiros minutos nos que as herculinas tomaron o mando no marcador cun parcial inicial de 16-6, propiciado polo acerto local no tiro exterior.
Ribadeo negouse a baixar os brazos e no segundo cuarto conseguiu mellorar, baixando o nivel de acerto de Maristas coa intimidación de Sara e Irene punteando os lanzamentos e impúxose no parcial, 10-11 para chegar ao descanso con 26-17 no marcador.
Ao comezo da segunda parte Maristas volveu despegar no marcador con outros dez puntos de vantaxe cos que o encontro quedou visto para sentenza, 17-7.
Nos últimos dez minutos Jose Vázquez deu un máis que merecido descanso a Aldara e Irene, repartindo minutos antes da despedida doutra gran tempada a próxima xornada en casa e ante o mellor equipo deste grupo da fase de ascenso á Liga Galega cadete feminina.

 

“Ya nos toca empezar a trabajar pensando en la próxima temporada” JOSE VÁZAQUEZ CB Ribadeo

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu