O campión infantil masculino sairá do duelo San Ciprián – Cidade da última xornada

En 2ª División, Infantil Masculino, Principal

ESTUDIANTES 04 – SAN CIPRIÁN 59

SAGRADO 53 – PORTA XI 33

CB CELTAS 30 – ELEVADORES 48

CIDADE 72 – SANEAMIENTOS 23

CB VIVEIRO 65 – ESTUDIANTES 14

 

A última xornada decidirá o campión de Liga. O nome sairá do duelo directo San Ciprián-Cidade de Lugo, despois de que os dous equipos gañaran os seus partidos da fin de semana.
Os capitalinos, con solvencia, e mostrando o seu fondo de armario, ante Saneamientos Sarria, e os mariñaos, con máis dificultades, ante Estudiantes nun encontro que ben se pode valorar, por parte visitante, como un ensaio xeral para o partido decisivo.
Os de Nacho e Elena lograron un triunfo moi traballado nun encontro de ritmo altísimo, cos dous equipos presionando a toda a pista e pelexando por cada balón, e no que, finalmente, fixeron valer a pequena vantaxe que lograron no terceiro cuarto, 9-15,
A penúltima xornada da Liga completouse con vitorias de CB Viveiro e Sagrado Corazón, na casa, e AG Elevadores CB Sarria a domicilio, en Foz. ante un CB Celtas que contaba con só cinco xogadores para disputar o encontro.
Os sarriaos levaron o partido na segunda metade, despois dunha primeira moi igualada. Os de Rubén Pernas deron coa tecla para atacar a zona proposta pola Foz, e fixeron mellores porcentaxes no tiro exterior, impoñéndose nos dous últimos parciais, 5-10 e 6-14.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu