O campión exhibiu a súa condición en Porriño

En 1ª División, Infantil, Infantil Masculino, Principal

JAVI PEINÓ – Estudiantes

“Tenemos que dar un pasito adelante a nivel defensivo para poder mejorar como equipo”

PORRIÑO 81 – ESTUDIANTES 93

Estudiantes despediu o Galego a domicilio cunha nova vitoria. Os de Javi Peinó, lonxe de relaxarse tras conseguir o título de campións, impuxéronse en Porriño a un equipo que ten asegurada a súa presenza nos play off. Cita á que non acudirán os lucenses ao ter xa asegurada unha praza no Campionato de España infantil masculino que se disputará en Marín.
Os celestes levaron sempre o mando no marcador, con vantaxes que roldaron os dez puntos desde os primeiros minutos. A renda mantívoa Estudiantes grazas ao seu ataque, no que tiveron porcentaxes de acerto moi altos ao longo dos corenta minutos, mentres que defensivamente non foron de todo intensos, por iso é polo que Porriño puido manterse con vida sen chegar a perigar a vitoria en ningún momento.
Ao descanso chegouse con 42-49, e ao comezo da segunda parte Porriño coqueteou con recortar distancias. Con todo, a boa selección de tiro tras circular ben o balón propiciou un goteo de puntos constante co que Estudiantes mantivo en todo momento a iniciativa no marcador.
Nos últimos dez minutos o intercambio de canastras foi continuo, 20-23, para pechar o encontro con 81-93 nun partido no que Estudiantes se impuxo en todos os parciais a un bo rival.
Na última xornada os de Javi Peinó recibirán a Bosco Salesianos no Anexo, o último clasificado deste Galego. O encontro será o último antes de debutar no Campionato de España infantil.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu