A calidade saíu ao rescate nos peores momentos do Ensino

En 1ª División, Cadete, Cadete Feminino

AIGOR ROMO – Ensino

“Nos trajimos una victoria con poca alegría por lo que debemos reflexionar”

PIO XI 53 – ENSINO 61

Discreto encontro o disputado polo Ensino ante Pío XII en Santiago, onde as lucenses foron moi inconstantes no seu xogo polo que tiveron que recorrer á calidade individual en momentos determinantes do encontro para conseguir a vitoria.
A relaxación inicial xa non era un bo presaxio para o resto do encontro. O partido comezou cun parcial inicial de 9-2 para as compostelás ante o que o Ensino reaccionou para pechar o primeiro cuarto con vantaxe, 15-16.
Xa no segundo o ataque do Ensino brillou con luz propia anotando 21 puntos, pero en defensa a falta de intensidade mantiña o goteo de puntos para un Rosalía que estivo con vida toda a primeira parte, chegando ao descanso con 28-37 no marcador.
Xa na segunda parte Rosalía volveu aproveitar a falta de intensidade das lucenses, e cun parcial de 14-7 metéronse de cheo na loita polo partido chegando ao último cuarto con tan só cinco puntos de vantaxe o Ensino.
Cando peor pintaban as cousas para as lucenses, cun rival que buscaba a remontada, apareceu a calidade para eclipsar o mal xogo e a falta de tensión en defensa, filmando un último parcial de 11-17 co que o Ensino maquillou un discreto encontro sumando a súa segunda vitoria consecutiva.
Basquet Coruña será o próximo rival do conxunto lucense no Anexo na terceira xornada do Grupo Norte da Liga Galega cadete. As herculinas veñen de gañar o seu primeiro encontro da tempada no derbi ante Maristas Coruña por un claro 77-41, polo que o Ensino deberá mellorar as prestacións deste encontro para poder loitar pola que sería a súa terceira vitoria consecutiva.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu