O Cafés Candelas Ensino é o novo líder en solitario

En 1ª División, Cadete, Cadete Feminino, Principal grande

AIGOR ROMO – Ensino

“Buen juego y poco acierto”

ENSINO 74 – BASQUET CORUÑA 53

Catro vitorias noutros tantos encontros disputados para o novo líder en solitario da Liga Galega cadete feminina, o Cafés Candelas Ensino que se alzou a este primeiro posto tras impoñerse no Anexo a Basquet Coruña.
O conxunto que dirixe Aigor Romo foi de menos a máis, cun inicio de partido irregular, especialmente no tiro, pero as porcentaxes foron pasando co paso dos minutos ata pechar o primeiro parcial con 10-15 no marcador.
No segundo o punto de mira das lucenses volveu ao seu sitio habitual, anotando os seus 20 puntos de media por parcial para chegar ao descanso con máis 11, 35-24.
Na segunda parte o partido entrou nun intercambio de canastras que para nada lle interesa ás lucenses, 21-19, polo que nos últimos dez minutos o Ensino volveu poñerse o mono de traballo en defensa e aínda que foi por momentos, achegouse ao equilibrio que buscan entre a solidez e intensidade defensiva co tremendo potencial ofensivo que atesouran, pechando o partido cun parcial de 18-10.
Pese a que só se disputaron catro xornadas de Liga, só Ensino suma catro vitorias e é con BBCA Praia do Vilar o único invicto, aínda que estas últimas tan só disputaron tres encontros. Na próxima xornada o Ensino defenderá o seu primeiro posto ante Maristas Coruña.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu