Cadete Masculino Provincial | 15-16 decembro

En 2ª División, Cadete, Cadete Masculino

San Ciprián toma o relevo no liderado tras gañar o duelo directo con Estudiantes. Os da Mariña saíron á pista máis enchufados, coa intensidade defensiva que lles faltou noutras xornadas, e puxeron o partido de cara na primeira parte. Tras o paso polos vestiarios, Estudiantes Rojo estivo máis cómodo na cancha pero xa non puido darlle a volta ao marcador.
No outro enfrontamento directo da xornada, Ensino e MGR Sarria poñían en xogo o terceiro posto que quedou en Lugo. Os ensinistas foron máis regulares ao longo dun partido sen excesivo brillo no Anexo.
A outra vitoria da xornada foi para Ribadeo, que se impuxo a Oral Design CB Sarria. A gran diferenza física entre os dous equipos reflectiuse no marcador desde o inicio.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu