Cadete Masculino 2ª | 1-2 Decembro

En 2ª División, Cadete, Cadete Masculino

Estudiantes gañou o duelo polo liderado da liga masculina ante San Ciprián. Os dous equipos chegaban ao choque invitos tras cinco xornadas, traxectorias idénticas que se separaron no Anexo. Os mariñaos tiraron parte das súas opcións nos tiros libres facilitando a vitoria estudiantil por un punto de vantaxe tras un partido de alternativas con dous cuartos para cada conxunto.
A xornada completouse cos previsibles triunfos de Ensino, cun demoledor terceiro cuarto ante Sagrado Corazón, e MGR Sarria, que se impuxo ao Oral Design no Chanto.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu