Cadete Femenino Provincial | 15-16 decembro

En 2ª División, Cadete, Cadete Feminino

O CB Ría de Ribadeo remata o ano como único equipo invicto da categoria feminina tras impoñerse a un Viveiro moito máis competitivo que no encontro da primeira volta, no que a diferenza chegara aos sesenta puntos.
Fronte á dinámica do grupo Norte, co Ribadeo claramente destacado na clasificación, no grupo Centro Ensino 03 e Estudiantes Rojo dispútanse a cima da táboa. Ningún dos dous perdeu ritmo na pasada xornada, na que sumaron cadansúa vitoria: as ensinistas ante a xeración máis nova do club, que raiou a gran nivel, e as estudiantís ante un CB Sarria que non foi quen de romper o dominio do rebote e as transicións rápidas que xa lles fixeran dano na primeira volta.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu