Cadete 2ª Masculino | 27-28 outubro

En 2ª División, Cadete, Cadete Masculino

Estudiantes Azul, San Ciprián, Estudiantes Rojo e CB Ribadeo encadearon as súas segundas vitorias da Liga, comezando a abrirse oco no alto da táboa.
Estudiantes Rojo e CB Ribadeo tiveron os duelos máis complicados da xornada. De feito, os estudiantís impuxéronse por só seis puntos en Sarria, despois de ver como o equipo local se acercaba máis no marcador nos últimos dous minutos. A ansiedade acabou por condenar aos de Rubén Pernas nos intres finais, nos que a precipitación os levou a incurrir en decisións equivocadas.
O Ribadeo impúxose no derbi co Viveiro por oito puntos. A igualdade foi a tónica dos primeiros vinte minutos, 28-29 ao descanso. Sen embargo, no terceiro cuarto, os ribadenses conseguiron manter o elevado ritmo de xogo que amosaran por veces e estirar as diferenzas cun terceiro parcial de 18-32. No último cuarto, os viveirenses maquillaron o resultado recurtando en dez puntos a diferenza final.
Estudiantes Azul e San Ciprián resolveron con máis comodidade os seus encontros ante Oral Design CB Sarria e Sagrado Corazón, deixando ver as diferenzas entre os equipos desde os primeiros minutos de xogo.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu