Cadete 2ª Feminino | 27-28 outubro

En 2ª División, Cadete, Cadete Feminino

Estudiantes Rojo e Ensino 03 debutaron con cadansúa vitorias no grupo Centro. As estudiantís impuxéronse a Floristería Madeira CB Sarria nun partido no que levaron sempre a iniciativa no marcador. A diferenza empezou a facerse demasiado grande para as locais nos últimos minutos do segundo cuarto e, á volta dos vestiarios, Estudiantes sentenciou cun parcial de 8-20. Ensino 03 impúxose no derbi de club ao Ensino 04.
No grupo Norte, dous partidos desnivelados: o CB Viveiro-CB Ribadeo, no que as visitantes marcaron as diferenzas desde o inicio e no que a nota negativa estivo na lesión de Julia, e o Terra Chá-Celtas Foz, no que as locais lograron o primeiro triunfo da temporada.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu