Cabe e Luis obraron a remontada final de Estudiantes cadete

En 1ª División, Cadete, Cadete Masculino, Principal

PABLO ABUÍN – Estudiantes

“Conseguimos sacar adelante un partido que se nos complicó. Enhorabuena a los chicos”

ESTUDIANTES 81 – PORRIÑO 80

Partido dos que crean afección o disputado entre Estudiantes e Porriño, no que as alternativas tanto no xogo como no marcador sucedéronse ao longo dun encontro que se tivo que decidir no tempo extra cunha remontada local sobre a bucina.
Estudiantes brillou na posta en escena, especialmente en defensa, pero Porriño tamén deixou claro que plantaría batalla no Anexo ao saír á boia e poñerse por diante ao final do primeiro cuarto, 12-14.
No segundo Estudiantes minimizou as perdas que tanto lle castigaron nos primeiros dez minutos. Moveu mellor o balón e xerou tiros cómodos para volver tomar o mando no marcador ao descanso, 34-32.
Ao comezo da segunda parte Estudiantes deu un novo tirón e conseguiu unha renda de sete puntos que nun partido tan igualado como este parecía determinante. Pero en fronte estaba un Porriño empeñado en vender cara a derrota e continuou loitando ata volver meterse no encontro.
Xa nos últimos dez minutos Estudiantes empezou con algunha dúbida para atacar a defensa zonal 2-3 de Porriño, pero unha canastra a falta de tan só cinco segundos para o final poñía aos lucenses con máis tres no marcador. Porriño aproveitou os segundos finais para forzar a prórroga cun triplo a taboleiro.
No tempo extra os visitantes chegaron a ter unha renda de catro puntos coa que se plantaron no último minuto, pero Cabe, o mellor xogador do encontro, anotou unha canastra, e Luís un 2+1 co que Estudiantes lle deu a volta ao marcador sobre a bucina.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu