Burela reinou no tempo extra nun final de infarto en Vista Alegre

En 1ª División, Preinfantil, Preinfantil Masculino

LUIS V. FERNÁNDEZ – CB Burela

“Se disputó un partido muy físico que pudo ganar cualquiera de los dos equipos”

CB BURELA 72 – GIRALDO 66

Partido de poder a poder en Vista Alegre con final feliz para un Burela que segue crecendo como equipo nesta segunda fase da tempada.
Ao longo dos tres primeiros cuartos os de Luís Fernádez foron sempre por diante no marcador, aínda que sen lograr vantaxes que superasen a barreira psicolóxica dos 10 puntos, polo que Giraldo sempre estivo metido e con opcións no encontro.
Con todo por decidir, o encontro chegou á súa recta final. A falta de 16 segundos o marcador era de 60-61. Burela tiña a última posesión pero o balón non quixo entrar, con todo Marcos forzou unha falta sobre a bucina coa que acudiu ao tiro libre. Anotou un e levou o encontro á prórroga. No tempo extra os mariñaos tiveron a cabeza máis fría, e con iso as ideas máis claras para terminar desnivelando o marcador ao seu favor ante un rival que nunca lle perdeu a cara a un encontro de poder a poder con premio final para o Burela.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu