Burela regálase un partido plácido

En 1ª División, Infantil, Infantil Masculino

Boa circulación de balón e acerto ante Blanco Amor

BURELA 76 – BLANCO AMOR 40

Terceira vitoria consecutiva do Academia A Mariña Burela nesta segunda fase da Liga Galega infantil na que os de Manolo Cobas tan só perderon un encontro e por un só punto na primeira xornada ante Porriño, 49-48.
Todo iso cun equipo que segue mermado polas ausencias pero que cada vez está máis adaptado ao ritmo de competición de Primeira División. Ante Blanco Amor, un equipo que aínda non coñece a vitoria, Burela afrontou o encontro coa intensidade necesaria evitando calquera tipo de relaxación ante un rival inferior, polo que desde os primeiros minutos tomaron o mando no marcador cun primeiro parcial de 14-7 e un segundo de 17-0 para chegar ao descanso con 31-17.
Burela controlou ao longo do partido o rebote, defendeu ben e sobre todo tivo acerto en ataque ao conseguir posicións claras de tiro tras unha boa circulación de balón.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu