O Burela non logrou xogar con continuidade

En 2ª División, Infantil, Infantil Feminino

O equipo mariñao amagou varias veces con igualar o encontro, pero B. Coruña mantívose por diante ata o final

 

BASQUET 45 – CB BURELA 33

O CB Burela non puido dar continuidade ao bo inicio da Fase de Ascenso que arrancaron cunha vitoria na xornada inaugural ante CB Liceo Noia en Vista Alegre.O Basquet Coruña foi o primeiro rival a domicilio para as burelás, que non lograron atoparse co seu xogo no Ventorrillo. A incomodidade na pista das de Madar foi evidente desde o inicio do encontro no que non conseguiron acadar unha continuidade. De feito, as diferenzas oscilaron entre os 3 e os 10 puntos ao longo do partido sen que nunca chegasen a poñerse por diante no electrónico, onde sempre mandaron as coruñesas, que se impuxeron nos catro parciais, 12-7 e 11-4 na primeira metade e 10-9 e 12-8 tras o descanso.
As burelás tiveron a última oportunidade para loitar pola vitoria e o liderado provisional do grupo a catro minutos para o final do encontro, cando se puxeron a cinco puntos. Sen embargo, volvésselles escapar a posibilidade de seguir recortando e ter opcions de darlle a volta ao marcador. Así, as coruñesas pecharon o partido levando a diferenza ata os 12 puntos.  O próximo rival das burelás será o Baxi Ferrol.

 

“Nunca estuvimos cómodas en el partido. No encontramos nuestro ritmo, ni en defensa ni en ataque” CARLOS MADAR CB Burela

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu