Burela morreu na beira tras unha gran tempada

En 2ª División, Infantil, Infantil Feminino

Derrota por dous puntos que deixa sen opcións ás de Carlos Madar de cara á última xornada da competición

 

CB BURELA 40 – BASQUET CORUÑA 42

O partido máis decisivo da temporada para o conxunto mariñao disputouse o domingo en Vista Alegre,

ante Basquet Coruña, primeiro clasificado. De gañar, o Academia A Mariña tomaría o liderado a falta dunha xornada para a conclusión da fase de ascenso no grupo norte, pero finalmente pesou máis o mal segundo cuarto que os trinta minutos restantes de partido, nos que as burelás raiaron ao seu mellor nivel.
Como se prevía, o encontro comezou con máxima igualdade e tamén cunha baixa anotación por parte dos dous equipos, finalizando o primeiro cuarto cun marcador de 9-10. No segundo chegou o apagón local, no que só conseguiron anotar 3 puntos por 9 das herculinas, que chegaban ao descanso 7 puntos arriba, 12-19.
Tralo intermedio chegaron os mellores minutos de Academia A Mariña, anotando con máis facilidade para chegar ao último cuarto dous puntos arriba, 29-27. Pese a iso, no derradeiro parcial o maior acerto cara a canastra por parte das herculinas terminou por decantar o encontro ao seu favor co resultado final de 40-42.
Sen nada en xogo, as de Carlos Madar visitarán Ferrol na derradeira xornada da competición, onde esperan pechar a temporada cunha vitoria ante o Baxi.

 

“Felicito a todas las jugadoras por la gran temporada y por la ilusión que transmiten, solo me queda desearles lo mejor” CARLOS MADAR CB Burela

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu