O Burela mete a sexta en Vista Alegre

En 1ª División, Infantil, Infantil Masculino

Sexto triunfo consecutivo dos de Manolo Cobas na competición

 

CB BURELA 64 – OURENSE 42

 

O Academia A Mariña Burela asinou a súa sexta vitoria consecutiva ante Ourense en Vista Alegre,

nun partido no que os de Manolo Cobas foron de menos a máis ata ofrecer un nivel de baloncesto moi bo no que todos os xogadores aportaron, incluso os que dispoñen de menos minutos cun último cuarto no que competiron de poder a poder.
A posta en escena foi discreta, permitindo tiros cómodos dun Ourense que atopaba vías para penetrar e anotar con certa facilidade. A partir do segundo cuarto Burela deu un paso á fronte en canto a concentración e tralo descanso mantivo a liña ascendente con intensidade en defensa, cargando ben o rebote e con acerto no tiro exterior, tan só co lunar de novo nas baixas porcentaxes de acerto desde o tiro libre.
O Academia A Mariña Burela tamén conseguiu ser máis fiable como equipo que en anteriores encontros, xogando un baloncesto máis grupal no que todos os xogadores atoparon o seu protagonismo, sentenciando o partido antes do último parcial no que Manolo Cobas deu minutos de calidade a todos os seus xogadores e estes demostraron que están ao nivel que esixe a competición, ao perder por tan só un punto o último cuarto.

 

“Todos los jugadores tuvieron una buena actitud” MANOLO COBAS Academia A Mariña Burela

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu