Burela levou as festas ata Portosín para a segunda vitoria do Academia A Mariña

En 2ª División, Infantil, Infantil Feminino

CARLOS MADAR – Academia A Mariña 04

“Quiero agradecer a las jugadoras el desplazarse a jugar este encuentro en una fecha tan señalada en Burela”

PORTOSÍN 57 – ACADEMIA A MARIÑA 63

O Academia A Mariña Burela despediu a tempada a domicilio cunha gran vitoria en Portosín, ata onde se desprazou o conxunto mariñao pese a que o encontro coincidía de pleno coas festas patronais de Burela.
O compromiso das mariñás quedou unha vez máis fóra de toda dúbida e, ademais de ir ao encontro, afrontárono coa intensidade adecuada.
Burela foi sempre por diante no electrónico, 13-20 ao final do primeiro cuarto. As locais reaccionaron ao comezo do segundo parcial, chegándose a poñer a un só punto, 19-20.
Lonxe de acusar a presión de Portosín, o Academia A Mariña ofreceu o seu mellor baloncesto, que se viu recompensado no marcador cun parcial de 5-25 cunha diferenza máxima de 24-45.
Portosín mantivo ao longo de todo o encontro unha defensa individual que propiciou perdas nas mariñás, mentres que Burela alternou con defensas presionantes. As locais foron recortando distancias ata maquillar o marcador final co 57-63, pero sen chegar a poñer en perigo en ningún momento a vitoria do Burela.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu