Burela gaña, Viveiro asedia

En 1ª División, Alevín, Principal

No duelo directo polo primeiro posto, Frigomar gañou no encontro de volta pero non puido recuperar o average particular ante un Viveiro que remata no primeiro posto

O desenlace final do Grupo Norte da Segunda División de Minibasket masculina citaba a Viverio e Burela no encontro de volta. Unha última xornada á que chegaban os dous equipos con opcións de terminar no máis alto tras o primeiro duelo no que Viveiro levou de Vista Alegre a vitoria por sete puntos, 39-46.
Unha renda que Burela tiña que recuperar neste último encontro para acabar esta fase no máis alto. A primeira premisa era gañar o encontro e Frigomar conseguiuno pero por unha diferenza máis curta que coa que finalizou o paritdo de ida.
Buirela gañou en Viverio pero fíxoo por 3 puntos, 45-49, polo que o premio repartiuse. Frigomar saíu coa vitoria e Viveiro quedou co primeiro posto.
Ambos os equipos gañaran todos os encontros deste Grupo Norte polo que o desenlace final foi a guinda entre os dous mellores equipos.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu