Burela despediu a tempada como local cunha nova vitoria

En 1ª División, Preinfantil Masculino

LUIS V. FDEZ – CB Burela

Partido disputado con mínima intensidad por nuestra parte”

CB BURELA 64 – TUI 35

O Club Baloncesto Burela despediu a tempada como local cunha cómoda vitoria na que os mariñaos non tiveron que sacar a relucir a súa mellor versión para impoñerse a Tui.
Aos de Luís Fernández sobroulles con impoñer a súa superioridade física para tomar o mando no marcador e ir ampliando a vantaxe aos poucos co paso dos minutos.
No primeiro cuarto deixaron aos visitantes en 6 puntos e anotaron 17, unha renda cómoda que propiciou unha excesiva relaxación, sobre todo defensiva no segundo cuarto, que finalizou con 13-11 e deixou o marcador en 30-17 ao descanso.
Ao comezo da segunda parte se calcou o sucedido no primeiro cuarto, ata co mesmo marcador, 17-6, mentres que xa co encontro completamente visto para sentenza, no último parcial foi cando se viu por momentos o mellor xogo dos mariñaos, con varias transicións con boas tomas de decisións coas que o xogo foi máis fluído.
Ao final, un último parcial de 17-12 deixou o marcador no 64-35 co que Burela despediu a tempada en casa a falta dun encontro que disputarán a próxima xornada en Vigo ante Seis do Nadal.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu