Burela 04 non deu opción a Cidade, mentres que Viveiro se impuxo a NSN 04 nun partido moi aberto

En 2ª División, Infantil, Infantil Feminino

CB VIVEIRO 58 – NSN 04 50

CB BURELA 04 72 – CIDADE 22

 

A competición feminina segue liderada polo CB Burela 04, un equipo sen fisuras que resolveu con comodidade o encontro ante Cidade. As mariñás romperon o encontro xa antes do descanso con parciais de 15-2 e 20-6, que deixaron ás lucenses sen opcións de competir polo encontro.
No outro partido da xornada, o Viveiro impúxose ao NSN 04 despois de corenta minutos moi competidos nos que as mariñás, que por momentos daban sensación de ter máis control sobre o partido, gozaron de pequenas vantaxes pero non conseguiron distanciarse no marcador.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu