O Burela 04 gaña o duelo de invictos ante o Viveiro e Estudiantes gaña a Cidade no derbi capitalino

En 2ª División, Infantil, Infantil Feminino, Principal

 

ESTUDIANTES 45 – CIDADE 41

CB VIVEIRO 34 – CB BURELA 81

 

O CB Burela venceu ao CB Viveiro nun duelo de invictos que se desenvolveu por maior diferenza da prevista. O equipo de Carlos Madar dominou por completo a un CB Viveiro, pouco recoñecible con respecto ao visto nas pasadas xornadas.
No derbi capitalino entre Estudiantes e Cidade de Lugo, as celestes levaron a vitoria por só catro puntos. Unha diferenza mínima para un partido moi disputado -24 a 24 no descanso- no que Estudiantes mantivo un ritmo de xogo máis constante. O equipo local fixo valer a renda de seis puntos – 10 a 4- que logrou no terceiro cuarto. Cidade puxo máis intensidade no último período, pero a precipitación nos pases e a mala selección de tiros deixárono sen opcións de igualar o partido.
Os outros dous encontros da xornada, Franciscanos-NSN 04 e CB Burela 2005-Galén Ensino, aprazáronse para o 28 de xaneiro.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu