O botín acumulado foi máis que suficiente

En 1ª División, Júnior, Junior Masculino

ÁNGEL RIOBOO – Estudiantes

“Nos quedamos con la espina de no haber podido competir el último cuarto debido a las faltas que nos señalizaron en esos 10 minutos. Una cada 45 segundos”

ESTUDIANTES 93 – BOSCO 72

Vitoria deslucida polo último cuarto no duelo que mediu a Estudiantes con Bosco no Anexo, onde os celestes foron superiores durante os tres primeiros parciais nos que se lles sinalaron 15 faltas persoais, pero co partido visto para sentenza.
O último cuarto empezou con 79-44, e nestes dez minutos os lucenses foron penalizados con 13 faltas persoais, 7 delas nos dous primeiros minutos que desencadearon en catro expulsados por acumulación e en que Bosco maquillase o resultado final cun parcial de 14-25 nuns últimos dez minutos totalmente deslucidos.
Ata entón o partido fora outro. Estudiantes empezou coas ideas moi claras, tanto en ataque como en defensa, propiciando un parcial inicial de 14-2. Os dous primeiros puntos de Bosco chegaron no ecuador do primeiro tempo tras dous tiros libres.
Na recta final do primeiro cuarto empezou a aparecer a figura do equipo visitante, Rodríguez, que con 7 puntos consecutivos deixou o marcador en 18-7.
No segundo e terceiro cuarto Estudiantes foi un rodillo en ataque, anotando 61 puntos, 34 antes do descanso e 27 ao comezo da segunda parte, sentenciando o encontro cos 35 puntos de vantaxe cos que se chegou aos últimos dez minutos.
A rigurosidade arbitral propiciou que catro xogadores de Estudiantes quedasen eliminados por faltas persoais, á vez que o visitante Rodríguez continuou coa súa exhibición para terminar con 32 puntos, anotando 15 dos últimos 18 do seu equipo cunha serie de 5 triplos anotados.
Pese a iso, o botín acumulado polos celestes na primeira media hora de partido foi máis que suficiente para despedir o 2017 con boas sensacións, á marxe do sucedido no último parcial.

3 commentsOn O botín acumulado foi máis que suficiente

  • Hi, Neat post. There is an issue together with your site in internet explorer, may test this IE nonetheless is the marketplace leader and a huge part of folks will leave out your magnificent writing because of this problem. kkddefdgfegd

  • I am really impressed with your writing skills as well as with the layout on your weblog. Is this a paid theme or did you modify it yourself? Anyway keep up the excellent quality writing, its rare to see a great blog like this one nowadays acbeabcedcga

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu