Bosco non concedeu opcións

En 1ª División, Infantil, Infantil Masculino

O líder da liga galega exhibiu potencial en Ourense ante Estudiantes

 

BOSCO 73 – ESTUDIANTES 23

Estudiantes mediuse a un equipo doutro nivel para esta competición. Bosco Salesianos exhibiu potencial e deixou claro que quere ser campión galego por diante de todo un Celta de Vigo e sacar o billete directo para o Campionato de España infantil feminino.Co permiso de Peleteiro, Celta e Bosco, empatados nos máis alto con nove vitorias e unha derrota, xogaranse o título tralo parón. Mentres que Estudiantes buscará praza nos play off.
En Ourense as lucenses apenas tiveron opcións de competir ante un equipo entonado que mostrou a súa superioridade desde os primeiros minutos cun parcial de 25-4 no primeiro cuarto.
Sen opción de competir de poder a poder, Estudiantes non conseguiu asumir o rol de minimizar erros ante un Bosco que dominou todas as facetas do xogo e con iso foi ampliando as diferenzas no marcador ata chegar ao KO no último cuarto dun partido no que poucas conclusións se poden sacar.
Na próxima xornada, tralo parón de Semana Santa, Estudiantes viaxa a Allariz nun duelo directo pola cuarta praza da clasificación nesta segunda fase da Liga Galega infantil feminina.

 

“Partido para pasar página cuanto antes”JULIA PENA Estudiantes Lugo

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu