Bosco despegou moi pronto no encontro ante o Ensino

En 1ª División, Cadete, Cadete Feminino

AIGOR ROMO – Ensino

“Un partido en el que no fuimos capaces de competir”

ENSINO 59 – BOSCO 86

O Cafés Candelas Ensino tivo un complicado debut como local na segunda fase, tras perder ante un Bosco Salesianos moi intenso no Anexo, algo que as lucenses nestes momentos da tempada non pode igualar, cos contratempos en forma de ausencias coas que conta Aigor Romo.
Bosco puxo terra polo medio no marcador desde os primeiros minutos cun parcial de 10-25 no primeiro cuarto. Unha renda que resultou determinante, xa que obrigou ao Ensino a remar contracorrente o resto do partido.
Pese a que no segundo cuarto o marcador foi máis axustado, 14-19, a sensación era de querer e non poder por parte dun Ensino demasiado precipitado en ataque e superado en defensa, chegando ao descanso con 24-44 no electrónico.
Con 20 puntos abaixo, o Ensino intentou meterse no partido ao comezo do terceiro cuarto cun xogo rápido ante o que Bosco tamén tivo unha boa resposta, 19-21. Xa co encontro visto para sentenza o Ensino intentou maquillar o resultado final nos dez últimos minutos nos que Bosco, crecido polo marcador a favor, volveu ser mellor no Anexo.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu