Bosco asaltou o Anexo nun irregular partido de Estudiantes

En 1ª División, Cadete, Cadete Feminino

FERNÁN VARELA – Estudiantes

“A seguir trabajando para mejorar en nuestro día a día y corregir errores”

ESTUDIANTES 67 – BOSCO 73

Bosco Salesianos levouse a vitoria de Lugo nun partido que se decidiu no último parcial, no que a intensidade defensiva das visitantes decantou o partido ao seu favor.
Ata entón as forzas estiveron igualadas, con picos de dominio celeste, pero con resposta contundente dun Bosco que castigou todos os erros que as celestes cometeron ao longo do encontro.
Ao descanso chegouse con igualdade no marcador tralo 16-16 do primeiro cuarto e o 15-15 do segundo. Pero sería no terceiro parcial, tralo paso polos vestiarios, cando se viu a mellor versión de Estudiantes.
A posta en escena foi intensa, defendendo con orde e duro á vez que atoparon vías para anotar con fluidez. Con todo, o descomunal acerto de Bosco en posesións clave fixo que a diferenza tan só fose de tres puntos, 23-20, para un Estudiantes que chegou un punto por encima aos últimos dez minutos.
Bosco subiu o listón de intensidade defensiva e Estudiantes tivo problemas para anotar na recta final dun partido no que as visitantes levaron a vitoria cun último parcial de 13-20.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu