Boas sensacións tras unha nova vitoria na Liga Galega júnior feminina

En 1ª División, Júnior, Junior Feminino, Principal

SISE PEINÓ – Estudiantes

“Contento con el trabajo de las chicas. Dimos un pasito más”

MARISTAS 47 – ESTUDIANTES 66

Estudiantes volveu asinar un partido moi serio na Liga Galega júnior feminina tras impoñerse na Coruña por 19 puntos, 47-66. Unha vitoria que, como na pasada xornada, chegou a partir do bo traballo colectivo en defensa.

O encontro comezou de poder a poder, polo que o primeiro parcial pechouse cun axustado 13-14. Sería no segundo no que Estudiantes puxera terra polo medio ata chegar ao descanso con 21-36. Unha diferenza que se fraguou dende a defensa cuns segundos dez minutos nos que a presión das celestes foi moi efectiva.
Á vez que a defensa brillaba o xogo de ataque tamén o facía con canastras cómodas en rápidas transicións, impoñéndose neste cuarto por 14 puntos.
Tralo descanso Estudiantes controlou en todo momento o partido, xa que continuou a intensidade defensiva e o goteo de puntos foi constante.
O terceiro cuarto tamén foi para as lucenses, 12-14, mentres que no último a diferenza foise por encima dos 20 puntos. Con todo, un parcial de 6-0 no último minuto propiciou que as herculinas maquillasen o resultado final.
Peleteiro, que vén de impoñerse contra prognóstico ao Ensino, será o próximo rival das celestes no Anexo.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu