Boa nota do Academia A Mariña, que logra a primeira vitoria na fase de ascenso

En 2ª División, Infantil, Infantil Feminino

CARLOS MADAR – Ac. A Mariña 04

“Un buen partido de todas mis jugadoras en líneas generales”

AC. A MARIÑA 04 66 – PORTO SON 60

O Academia A Mariña Burela 04 debutou como local na fase de ascenso á Liga Galega infantil feminina cunha vitoria ante Porto Son. Un triunfo traballado e merecido polo conxunto de Madar ao longo dos corenta minutos de partido.
A premisa das mariñás antes de comezar o encontro era impoñer un ritmo alto, cunha defensa presionante en campo rival para poder roubar e anotar en rápidas transicións. O plan executouse á perfección na pista, xa que o encontro empezou cun parcial de 8-2 co que Burela tomou as rendas do partido.
A máxima vantaxe chegou cun momentáneo 16-6, pero o primeiro parcial terminou cun axustado 18-14 no marcador.
Porto Son nunca chegou a achegarse no electrónico, pero tampouco se descolgou de todo en ningún momento. O Academia A Mariña pechou ben o rebote e aproveitou as altas porcentaxes de acerto no tiro exterior para manter as diferenzas, en todo momento próximas aos dez puntos.
Os tres primeiros parciais foron para as de Madar, mentres que no último as visitantes puideron maquillar un pouco o marcador final, pero sen chegar a poñer en problemas a vitoria local en ningún momento.
Na próxima xornada as mariñás visitan a un Montrove que tamén suma unha vitoria e unha derrota.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu