A boa dinámica celeste varreu da pista a Tui

En 1ª División, Júnior, Junior Masculino, Principal

ÁNGEL RIOBÓO – Estudiantes

“Partido muy serio del equipo en una de esas salidas que están marcadas en rojo en el calendario”

TUI 77 – ESTUDIANTES 101

Estudiantes segue sendo un dos equipos máis en forma da Liga Galega júnior masculina, algo que os de Ángel Riobóo volveron demostrar esta xornada ao impoñerse con moita autoridade nunha das pistas máis complicadas da competición e ante un rival directo que podería volver cruzarse no camiño dos celestes nos play off.
Desde unha intensa defensa e cun ritmo de xogo frenéticos desde os primeiros minutos, Estudiantes fíxose co mando do encontro e do marcador xa no inicio, deixando o partido sentenciado nunha primeira parte espectacular que terminou con 57-28 no electrónico ao final dos primeiros vinte minutos.
Ao longo da semana os celestes incidiron nos adestramentos na importancia de pechar o rebote e evitar que o balón lle chegase aos interiores locais con comodidade, e o traballo semanal deu os seus froitos pese ás sensibles ausencias de Miguel e Jacobo.
Tralo descanso Estudiantes limitouse a controlar o rebote en ambas pinturas para manter a vantaxe, impoñéndose ata no terceiro cuarto, 21-22, mentres que con todo visto para sentenza, Tui, puido maquillar un pouco o marcador final no último cun parcial de 28-22 que deixou o marcador no claro e contundente 77-101.
Estudiantes volverá xogar a domicilio a próxima xornada, e farao na pista do último clasificado, un Compañía de María que suma por derrotas todas as xornadas disputadas na Liga Galega júnior masculina.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu