Bo momento dos celestes

En 1ª División, Alevín

Estudiantes Leyma asinou a súa segunda vitoria consecutiva antes de recibir na próxima xornada ao líder da competición

 

PELETEIRO 59 – ESTUDIANTES 105

Segunda vitoria consecutiva para Estudiantes tras impoñerse en Santiago a Peleteiro nun encontro dominado polos celestes practicamente de principio a fin.Coa concentración por bandeira Estudiantes quixo e conseguiu tomar o mando do encontro desde os primeiros minutos, cun parcial inicial de 11-20. Á concentración no xogo uníuselle a claridade de ideas e a boa toma de decisión para chegar ao descanso con 23-48 no electrónico.
Pese a estar o encontro sentenciado, na segunda parte Estudiantes volveu ser regular no seu xogo, con moita aportación de todos os xogadores para dar un novo paso á fronte ata conseguir unha cómoda vitoria en Santiago de Compostela ante Peleteiro.
Dúas xornadas restan por diante neste Grupo primeiro da Liga Galega de minibasket masculina, nas que Estudiantes recibirá ao líder da competición o vindeiro domingo, un Pío XII Rosalía que tan só conta cunha derrota, e despedirá o curso de novo viaxando a Santiago para medirse con Obradoiro, terceiro clasificado e que aínda opta ao segundo posto.

 

“Buen partido de todos los jugadores. Estoy contenta con el trabajo del equipo” ZAIDA IGLESIAS Estudiantes Leyma

También puedes leer!

Primeiro asalto da Copa Primavera

Cidade de Lugo e Saneamientos CB Sarria gañaron os encontros da xornada inaugural do torneo feminino. MGR Sarria e

Más...

O cuarteto lucense estreáse na Liga Galega de Preminibasket

María Auxiliadora e CB Sarria disputaron os seus primeiros encontros no Anexo, primeira sede da liga feminina. CB Sarria

Más...

Culleredo rachou a defensa mariñá

O Ría de Ribadeo viuse superado polo potencial ofensivo local   CULLEREDO 97 – CB RIBADEO 46 A posta

Más...

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu