Bo inicio en Allariz dun Estudiantes que administrou o parcial de 13-23

En 1ª División, Preinfantil, Preinfantil Masculino

ÁNGEL RIOBÓO – Estudiantes

“No competimos bien, pero el equipo fue capaz de sacar el partido adelante”

CB ALLARIZ 55 – ESTUDIANTES 66

Estudiantes volveu impoñerse a CB Allariz, desta volta a domicilio, e sumar a cuarta vitoria da segunda fase, sete contando as tres arrastradas da primeira fase.
O partido comezou de cara para o equipo lucense, que, cun bo traballo defensivo a toda pista, puido correr e poñerse dez puntos por diante xa no primeiro parcial, 13-23. Sen embargo, despois, o partido igualouse.
Os ourensáns foron capaces de anotar con máis facilidade, mentres que os estudiantís seguían xenerando xogo pero non conseguían anotar cerca da canastra. Así, o segundo cuarto rematou cun 10-13. O desacerto fixo entrar as dúbidas no equipo visitante, que cometeu erros impropios, permitindo que os ourensás se anotaran o terceiro parcial, 15-13.
Con todo, o equipo conseguiu superar o bache sen perder moita vantaxe no marcador, e pechando o partido once puntos arriba.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu