O Be One despedirá a tempada en Lugo ante o Campión Galego invicto

En 1ª División, Preinfantil, Preinfantil Masculino

SAMA – Be One Ribadeo

“En el baloncesto, como en todo en la vida, hay que esforzarse al 100% para lograr resultados”

TUI 81 – BE ONE RIBADEO 58

O Be One Ribadeo viuse superado por un Tui máis intenso e físico ao longo do encontro, sobre todo nos primeiros tres cuartos nos que anotaron por encima dos 20 puntos en cada un deles.
Cunha defensa a todo campo os locais propiciaron que o Be One nunca se atopase cómodo sobre a pista, dando a sensación de que chegaban sempre un segundo tarde a todas as accións. Deste xeito Tui tomou o mando no marcador cun parcial inicial de 23-11. Esperábase unha reacción lucense no segundo cuarto, pero co 22-15 do segundo parcial o marcador foise ata o 45-26 ao descanso.
Xa na segunda parte o máis destacado foi que o Be One, malia non estar no partido, apelou á casta e o orgullo no último cuarto para cortar un pouco a sangría e poder vencer nos últimos dez minutos cun parcial de 13-18 ao segundo mellor equipo galego en idade preinfantil.

Derbi Provincial
Na última xornada, o Be One visita Lugo para medirse co campión Galego preinfantil, o Estudiantes. Un duelo para gozar dos dous mellores equipos lucenses preinfantiles, que manteñen unha preciosa loita xeracional cada vez que se enfrontan. Estudiantes, que non coñece a derrota nas dúas últimas tempadas, terá ante o Be One o reto de terminar esta tempada invicto.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu