O ataque eclipsou á defensa no encontro de Estudiantes fronte PBB A

En 1ª División, Júnior, Junior Feminino

SISE PEINÓ – Estudiantes

“Nos faltó mucha intensidad defensiva, y es algo que mejorar”

PBB A 60 – ESTUDIANTES 68

Estudiantes volveu á competición na Liga Galega júnior feminina cunha vitoria en Porriño tras practicamente un mes sen competir, xa que trala derrota no Anexo ante Peleteiro, o conxunto de Sise Peinó cumpriu co trámite ante Seis do Nadal e aprazou o encontro ante Rosalía, que debía disputarse a pasadoa fin de semana e que se xogará finalmente o próximo día 20.
Con todo iso a igualdade reinou nos primeiros minutos en Porriño, onde as celestes sacaron as primeiras vantaxes grazas ao seu acerto no tiro exterior, 16-18 ao final do primeiro cuarto e 14-19 no segundo. Estudiantes asinou cinco triplos nesta primeira parte na que chegaron ao descanso cunha renda de sete puntos.
Na segunda parte as porcentaxes de acerto non foron tan altas, polo que as lucenses non conseguiron romper o partido. A diferenza no marcador non terminou de irse por encima dos dez puntos, xa que as lagoas defensivas permitían a Porriño seguir metido no encontro ao ter un goteo constante de puntos.
O terceiro parcial finalizou con 10-11, polo que se chegou aos últimos dez minutos con máis sete. Unha diferenza que se mantivo ao longo do último cuarto no que o bo ataque das celestes eclipsou os despistes defensivos. 20-20 no último parcial.
Estudiantes despedirá o ano con dous encontros como local, ante Bosco despois do parón desta próxima fin de semana e ante Rosalía no aprazado.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu