Ata seis partidos aprazados na Liga Provincial cadete polo temporal

En 2ª División, 2ª División, Cadete, Cadete Feminino, Cadete Masculino

ENSINO 03 33 – TERRAS DA MARIÑA 26

ENSINO 02 75 – CB SARRIA 56

SAGRADO CORAZÓN 30 – CIDADE 100

 

Dobre vitoria ensinista nunha xornada marcada pola suspensión dos partidos previstos para o domingo.
O Ensino 02 sumou o seu undécimo triunfo tras impoñerse ao un Floristería Madeira CB Sarria en crecemento que, malia xogar de ti a ti ás capitalinas durante boa parte do encontro, tivo menos acerto na definición, especialmente na primeira metade, con parciais de 22-13 e 15-7 que levaron ás de Adrián López a ir sempre por detrás no marcador.
Ensino 03 gañou a Terras da Mariña nun partido no que se impuxeron as defensas, e no que as locais tiveron máis sorte en ataque nos últimos minutos, despois de que ao inicio do derradeiro cuarto as laurentinas se puxeran por diante no marcador.
Na Liga masculina, o Cidade de Lugo impúxose con contundencia ao Sagrado Corazón que non tivo opcións. Os visitantes resolveron o encontro pola vía rápida cun parcial de 7-31 no primeiro cuarto.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu