As subcampioas galegas despiden a temporada con outra vitoria

En 1ª División, Preinfantil, Preinfantil Feminino, Principal

FERNÁN VARELA – Estudiantes

Estamos contentísimos con la temporada, es una pena que se termine. Seguiremos trabajando y entrenando para ser lo mejores posible”

PBB A 36 – ESTUDIANTES 52

Estudiantes Lugo despediu a Liga cunha vitoria ante Porriño. As de Fernán Varela puxeron o broche a unha gran temporada na que lograron o subcampionato galego, superadas na clasificación só por detrás do todopoderoso RC Celta.
O equipo lucense logrou a vitoria en Porriño coa mesma filosofía de xogo que as guiou ao longo da temporada, e coa implicación de todas as xogadoras no partido. Faltaron á última cita Carmen e Marta que, esta fin de semana, se sumaron ao equipo infantil, inaugurando un camiño que terán que continuar a vindeira temporada.
Sen nada en xogo en canto a clasificación, na cancha impuxéronse as gañas dos dous equipos de despedir a competición cun bo partido. O resultado foi un partido máis igualado que o da ida, cunha vitoria inapelable das lucenses, 65-15.
Con todo, Estudiantes chegou ao final do encontro cunha vantaxe clara que lle permitiu rematar o partido sen apuros e sumar a undécima vitoria desta segunda fase. Só o RC Celta e o CB Allariz conseguiron arrincarlles unha vitoria as lucenses nesta competición. Outros números avalan a gran temporada das estudiantís, que foron o equipo máis anotador da competición, con 901 puntos, e tamén o que menos canastras encaixou, 632, mellorando incluso as cifras das campioas galegas.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu