As máis pequenas de Estudiantes foron a sensación da final galega

En Minis, Preminibasket

As máis pequenas de Estudiantes non quedaron á zaga con respecto aos seus compañeiros de minibasket e logron tamén un subcampionato galego que sabe a título.

As xogadoras adestradas por Carmen López comezaron a xestar o seu éxito no galego na competición provincial, onde se fixeron co título. As celestes, que remataron primeiras na liga regular, fixéronse co título nunha final four que tamén disputaron CB Burela, Franciscanos Laranxa e Franciscanos Verde. As estudiantís impuxéronse na final ao CB Burela, que xa as secundara na Liga.
Os dous equipos lograron como primeiro e segundo da provincia a clasificación para a disputa da Liga Galega de Preminibásket da que saíron os oito finalistas do campionato galego. Nesa liguiña, disputada en tres sedes, a dúas xornadas por cada concentracióin, Estudiantes xa se postulou como candidato ao título, ao vencer en cinco dos seis encontros disputados.
Na fase final, as celestes mantiveron o gran nivel amosado durante a temporada vencendo en cuartos a CB Allariz, e a Sigaltec nas seminfinais, con resultados contundentes. Só o todopoderoso Celta puido privalas do título.

Na nutrida categoría masculina, con 15 equipos en competición, divididos en tres grupos, o campión provincial foi Estudiantes Azul, que disputou o título, na segunda fase da competición, con CB Burela, Be One Ribadeo, Franciscanos, Unkia CB Sarria e Maristas. A disputa entre estudiantís e burelaos mantívose ata a última xornada na que a vitoria por seis puntos lle deu o título aos celestes. O campionato provincial levounos a disputar a liguiña galega previa á final, na que puideron acompañar ás súas compañeiras do equipo feminino, de non ser polo basketaverage en contra con Basket Ferrol.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu