As lesións eclipsaron o novo recital celeste ante Basket Xiria

En 1ª División, Júnior, Junior Masculino, Principal

ÁNGEL RIOBÓO – Estudiantes

“Ahora nos toca recuperar a los lesionados y seguir trabajando para ser un poco mejores la semanma que viene”

ESTUDIANTES 80 – BASKET XIRIA 36

Estudiantes impúxose con autoridade ao colista da Liga Galega júnior masculina, Básket Xiria, ante o que o conxunto de Ángel Riobóo asinou a súa cuarta vitoria consecutiva.
O único lunar foron as lesións, xa que Miguel non puido participar de saída e Álex Hermida tivo que retirarse no primeiro cuarto. Á marxe disto, todo foron boas sensacións, xa que malia non ter un gran acerto ao longo do encontro, 33/78 en tiros de campo, o bo traballo defensivo permitiu que Estudiantes recuperase ata 16 balóns e puidese correr un total de 20 contragolpes ao longo dos corenta minutos.
A boa defensa celeste deixou a Xiria en tan só 36 puntos nun partido no que apenas dispuxeron de segundas opcións ao conseguir os visitantes tan só seis rebotes ofensivos ao longo do encontro.
Pola súa banda, os lucenses, dominaron esta faceta con moita autoridade capturando 36 rebotes, 16 deles ofensivos.
Con todo iso o resumo é plácido para este encontro de Estudantes no que tomaron o mando do partido desde os primeiros minutos cun parcial inicial de 20-11.
Ao descanso o marcador foise ata o 36-18 co que os dous equipos pecharon unha primeira parte de total dominio celeste.
Na segunda metade o nivel de acerto no tiro foi crecendo ata un 46% de efectividad ante o 40% da primeira parte, polo que a diferenza, ao manterse ka boa actividade defensiva e o dominio no rebote, foise aumentando ata o 80-36, tralo 23-7 do terceiro parcial e o 22-10 dos últimos dez minutos de partido.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu