As condicións da pista de Narón marcaron o encontro de Estudiantes

En 1ª División, Alevín

IAGO CASTRO – Estudiantes

“Muy orgulloso por el esfuerzo de todos los niños en una pista muy difícil. Tenemos que seguir”

NARÓN 102 – ESTUDIANTES 68

Estudiantes volveu comprobar o complicado que é competir nunha pista como a de Narón, onde as dimensións da cancha e os aros, xogan un papel determinante. Unha boa proba diso é que os celestes perderon na primeira fase de 37 puntos en Narón, pero gañaron en Lugo, mentres que nesta ocasión a diferenza foise ata os 34 puntos, 102-68.
De inicio Estudiantes igualou a intensidade ,pero co paso dos minutos Narón foi letal e imparable en ataque, metendo practicamente en todas as posesións pese ao esforzo colectivo dos lucenses en defensa.
Aos poucos a diferenza no marcador foise facendo insalvable, polo que Estudiantes centrouse en competir da mellor forma posible á marxe do resultado final ante un rival que tan só perdeu un partido en toda a tempada, e foi precisamente en Lugo na primeira fase.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu