As celestes resistiron o asedio final herculino

En 1ª División, Cadete, Cadete Feminino, Principal

Estudiantes debutou na Primeira División cadete feminina cunha vitoria das que reforzan o traballo realizado en pretemporada. E é que as de Sise Peinó, a pesar de contar coas ausencias de Carlota e Laura, marcaron o camiño para seguir.
Estudiantes sempre estivo por diante no marcador e a pesar dos problemas co rebote o primeiro cuarto pechouse con 15-13. Xa no segundo, aos poucos foise pechando mellor o aro e froito diso chegouse ao descanso con 31-24.
O inicio da segunda parte estivo marcado pola carga de faltas persoais. Sise fixo unha formulación arriscada en defensa, pero saíu ben e foron capaces de xeránr situacións de dous contra un. así Estudiantes parecía que despegaba no marcador cun terceiro parcial de 18-11. Con todo, nada máis empezar os últimos dez minutos, Basquet Coruña, con dous triplos, seguidos meteuse na loita polo encontro.
Estudiantes púxose o mono de traballo, apertou os dentes en defensa e saíu airoso ante o asedio herculino levándose o primeiro encontro de Liga.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu