As celestes exhiben músculo con todo o planten dispoñible

En 1ª División, Cadete, Cadete Feminino

FERNÁN VARELA – Estudiantes

“Muy contento por recuperar a todas las jugadoras para trabajar y seguir creciendo como equipo”

FRANCISCANAS 58 – ESTUDIANTES 65

Traballada e merecida vitoria de Estudiantes no primeiro encontro da segunda fase na Liga Galega cadete feminina, onde visitaron a pista de Franciscanas, un posible rival de cara a alcanzar un posto nos play off.
As lucenses pegaron primeiro nun partido no que Fernán Varela puido contar con todas as xogadoras, xusto cando empeza o momento máis importante da tempada.
O intercambio de golpes foi unha constante nos primeiros minutos, terminando por diante no marcador as locais tralo primeiro cuarto. No segundo, as defensas impuxéronse aos ataques, chegándose ao descanso con máxima igualdade.
No terceiro parcial Estudiantes subiu o nivel de esixencia, defendeu mellor e sobre todo pechou moi ben o rebote para evitar segundas opcións e poder saír á contra con velocidade.
Todo isto viuse reflectido no marcador, tomando a iniciativa as lucenses e sen soltala ata o final, pese á insistencia local por recortar distancias.
Estudiantes mantivo a calma nos momentos máis comprometidos e alzouse cunha importante vitoria antes de recibir a Carmelitas na próxima xornada, a primeira como local nesta segunda fase.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu