As celestes cargaron a tope as pilas de cara á Final a 4

En 1ª División, Infantil, Infantil Feminino

JULIA PENA – Estudiantes

“Pase lo que pase en la Final Four, el equipo ha hecho una gran temporada. Estoy muy orgullosa y satisfecha del trabajo de este grupo”

SEIS DO NADAL 43 – ESTUDIANTES 58

Estudiantes ultima a posta a punto para a Final a 4 en Vigo, na que se medirán a Allariz en busca dunha praza no Campionato de España.
As de Julia Pena chegan a esta cita decisiva no mellor momento da temporada, tras enlazar tres vitorias consecutivas no tramo final da competición, contra RC Celta, CB Allariz e Seis do Nadal, no partido da última xornada adiantado ao luns 30.
As estudiantís tiveron que poñer o mono de traballo para sacar adiante un patido no que, malia a diferenza final, pasaron por dificultades. As concesións defensivas e a falta de claridade en ataque impedíronlles impoñerse de forma rotunda. O parcial do segundo periodo -10 a 19- foi decisivo na resolución do partido con tres cuartos moi disputados.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu