As campioas despiden a temporada en Ferrol

En 2ª División, Infantil, Infantil Feminino

O aro fíxose pequeno para as xogadoras do CB Burela, que non puideron repetir o resultado da ida ante Baxi Ferrol

 

BAXI FERROL 66 – CB BURELA 32

O Academia A Mariña CB Burela pechou a temporada en Ferrol cun partido sen nada en xogo no clasificatorio, no que se impuxo a maior motivación das locais. Este empuxe notouse xa desde o inicio do partido, no que Baxi Ferrol empezou a marcar as diferenzas cun primeiro parcial de 24-6.
A tónica mantívose tamén no segundo periodo no que ampliaron a diferenza deixando practicamente sentenciado o encontro cun parcial de 21-8.
O aro fíxose moi pequeno para as burelás, que remataron a primeira metade con só 12 puntos e que non conseguirían reverter o balance na segunda con outros 20 puntos, para un total de 32, o rexistro máis baixo dos partidos disputados na competición.
Na segunda metade, o ritmo do encontro baixou. As ferrolás fixéronse co terceiro cuarto, 10-6 e o Burela quedou por riba no derradeiro, 10-11.
Así, o Baxi Ferrol, ao que venceran no encontro de ida en Vista Alegre (56-49), quedou desta volta coa vitoria no pavillón de Esteiro.
O Academia A Mariña CB Burela remata a Fase de Ascenso a Liga Galega infantil con tres vitorias en seis partidos, que non foron suficientes para loitar polo premio final, pero que demostraron a capacidade das burelás para manter esa meta no horizonte do equipo.
As de Madar clasificáronse para disputar o ascenso á maxima categoría infantil tras quedarcampioas provinciais.
As burelás venceron ao Ensino Lugo na eliminatoria que decidiu o título lucense medindo ás primeiras e segundas clasificadas da liga regular.
O equipo da Mariña venceu ás ensinistas, que quedaran primeiras, nun partido a dobre volta.
A remuda semella ademais garantida, xa que o equipo alevín tamén quedou campión provincial na súa categoría.

 

“Gracias a todas las jugadoras por haber podido disfrutar con ellas de esta gran temporada ” MADAR CB Burela

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu