As baixas condicionaron a un Burela que deu a cara ante Porriño

En 1ª División, Preinfantil, Preinfantil Masculino

LUIS V. FDEZ – CB Burela

“Partido muy duro para mis jugadores. Un 10 en sacrificio”

PBB B 61 – CB BURELA 54

As baixas de Diego e Carlos, e a lesión de Luis aos cinco minutos, obrigaron ao CB Burela a enfrontar con só seis xogadores un partido ante un rival de máxima esixencia que xa coñecían da ida.
O dominio no rebote do xogador máis alto do equipo local, e un día gris cara ao aro, foron deixando atrás no marcador aos mariñaos, que chegaron ao descanso 7 puntos por debaixo no marcador, tras o 14-12 do primeiro parcial e o 22-17 do segundo.
Tras o intermedio, Porriño seguiu ampliando a diferenza ata levala aos 12 puntos pero, malia o agotamento físico, os burelaos fixeron un último esforzo que lles permitiu achegarse o suficiente para chegar ao final con opcións de levarse o encontro. No entanto, a fortuna non estivo do lado dos burelaos, que nos dous últimos minutos viron saír do aro dous tiros exteriores que xa celebraban. A derrota frea a xeira triunfal dos mariñaos, que encadeaban catro vitorias nos últimos catro encontros.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu