Artai recuperou o basketaverage ante Cidade por un só punto

En Infantil, Infantil Masculino

CRISTIAN MARTÍN – Cidade de Lugo

“Esta vez salió cruz, solo queda felicitar a todos los jugadores por haber competido tan bien durante los cuarenta minutos”

ARTAI 55 – CIDADE DE LUGO 44

O baloncesto e o deporte en xeral ofrece moitas veces unha versión caprichosa, e apareceu ante Cidade no seu máximo esplendor o pasado domingo pola mañá en Carballo.
Cidade de Lugo viaxaba invicto ao duelo directo polo primeiro posto para seguir soñando co ascenso á Liga Galega infantil. O seu rival, Artai, que no partido de ida en Lugo perdera por dez puntos, 66-56.
Ambos equipos gañaron os demais encontros desta fase, polo que Cidade defendía unha renda de 10 puntos en Carballo para manterse á fronte da clasificación.
A tensión palpouse desde o salto inicial, cos nervios por parte de ambos equipos marcando o inicio do encontro, no que Cidade conseguiu tomar o mando no marcador, 11-13 ao final do primeiro cuarto, co que a vantaxe global era de 12 puntos con media hora por diante.
Artai deu un paso á fronte no segundo parcial, no que foi mellor e deulle a volta ao marcador para chegar ao descanso con 24-19 no electrónico.
Cidade aínda mantiña unha renda de cinco puntos para afrontar a segunda parte, pero Artai, cunha gran posta en escena tralo descanso, remontou o global. Cando peor o estaba pasando Cidade, apareceu o orgullo dos lucenses para remontar o voo no tramo final do terceiro cuarto para chegar aos últimos dez minutos dez abaixo e co basketeaverage empatado.
Os dous equipos dérono todo na pista, cun baloncesto de Primeira División e un marcador que se decidiu por pequenos detalles. Nesta ocasión a moeda saíu cruz para Cidade de Lugo, que tras perder por un punto este último cuarto, 16-15. Cedeu tamén por un punto o average particular.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu