O Academia A Mariña CB Burela 04 remata a Liga como campión invicto

En 2ª División, Infantil, Infantil Feminino, Principal

GALÉN ENSINO 52 – AC. MARIÑA 04 72

NSN 04 33 – AC. MARIÑA 05 69

CIDADE 39 – CB VIVEIRO 44

MGR SARRIA 23 – FRANCISCANOS 64
A Liga infantil botou o peche despois de dezaoito xornadas.
O Academia A Mariña CB Burela 04, xa campión, pechou a competición sen perder ningún encontro, despois de lograr ante Galén Ensino o décimo sexto triunfo da temporada. Unha vitoria traballada ante un Galén que se repuxo dun primeiro parcial desfavorable, 8-20, e competiu ata o final amosando, unha vez máis, un espírito de loita que foi sinal de identidade do equipo durante toda a Liga.
As ensinistas engancháronse en varias ocasións ao partido grazas ao control defensivo na súa zona e ás canastras en contraataque. Con todo, no último cuarto as burelás pecharon o partido con outro parcial favorable, 11-20.
As de Carlos Madar teñen por diante a Fase de Ascenso á Liga Galega. Un reto que poñería o broche a unha temporada para enmarcar no club mariñán que, máis aló do título, pode celebrar o gran nivel ao que competiu a xeración de primeiro ano,
O Academia A Mariña CB Burela 05, que remata na quinta praza, selou a temporada cunha vitoria ante NSN 04 despois de competir de ti a ti contra todos os equipos.
O CB Viveiro acabou a competición cun triunfo axustado ante Cidade de Lugo que lle serve para pechar a competición na segunda praza, igualadas a vitorias con Galén Ensino. As mariñás venceron grazas aos sete puntos de renda logrados no segundo cuarto, 5-11, nun partido moi igualado, no que as capitalinas buscaron a remontada ata o final.
A outra vitoria da xornada foi para Franciscanos. que se impuxo a MGR nun encontro en que estaba en xogo a oitava praza. As colexiais pareceron máis motivadas polo reto, e axiña empezaron a lograr as primeiras vantaxes ata levala aos 25 puntos no terceiro cuarto.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu