O Academía A Mariña Burela alzouse co título Provincial

En 2ª División, Infantil, Infantil Feminino, Principal

Ensino Lugo quedou co subcampionato tras brillar na competición regular, sumando o conxunto que dirixe Aigor Romo 17 vitorias e unha soa derrota. O de Madar deu a sorpresa no Anexo impoñéndose na prórroga

 

IDA: CB BURELA 53 – ENSINO 56

VUELTA: ENSINO 55 – CB BURELA 61

 

O Academia A Mariña CB Burela alzouse co título provincial tras impoñerse ao Ensino na eliminatoria a ida e volta coa que se decidiu o campionato. As ensinistas chegaban á cita co aval de seren primeiras na liga regular,

impoñéndose nos dous partidos disputados ante as burelás, segundas. Pero a final comezou co contador a cero e, no cómputo global, tras 85 minutos de xogo, caeu do lado das de Madar.
A eliminatoria comezou cunha vitoria do Ensino en Vista Alegre. As locais arrancaron mellor, cun ritmo alto que lles permitiu poñerse 11 puntos por riba a mediados do segundo cuarto. Sen embargo, tras o descanso as ensinistas aproveitaron a súa característica defensa presionante para correr e anotar con facilidade, gañando o primeiro asalto da eliminatoria, 53-56.
Unha renda exigua que deixaba o título por decidir para a volta no Anexo. As capitalinas comezaron o encontro con mellores sensacións, cun parcial de 20-10 que as poñía 13 puntos por riba na eliminatoria, pero o CB Burela soubo sobrepoñerse a ese momento crítico e deulle a volta ao marcador, poñéndose 10 puntos por riba a metade do último periodo. O Ensino apertou e forzou a prórroga pero, no engadido, a sorte sorriu as burelás, que cun 55-61 no marcador final, se fixeron co título.

 

 

“Dos partidazos con excelente comportamiento del público y gran entrega de los dos equipos” MADAR Academia A Mariña Burela

“Hemos conocido la cara más injusta del baloncesto. Enhorabuena a mis jugadoras por el esfuerzo y la entrega” AIGOR ROMO Ensino

 

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu