O Academia A Mariña aproba o seu primeiro exame en Galega

En 1ª División, Infantil, Infantil Masculino, Principal

O Burela estreou a conta de vitorias na Liga Galega infantil. Os de Manolo Cobas fixérono ante Basquet Coruña nun partido de poder a poder no que aprobaron con nota o exame nas situacións máis complicadas do encontro.
A posta en escena foi discreta por parte dos mariñaos, brandos en defensa e sen ser agresivos en ataque, algo que aproveitaron os herculinos para tomar unha vantaxe de 14 puntos mediado o segundo cuarto. Burela reaccionou cando peor pintaban as cousas e chegou ao descanso tan só catro puntos abaixo, 37-41.
Manolo Cobas mentalizou ao seu equipo no intermedio de que defendendo duro e con decisión en ataque podíase gañar o encontro. Burela pechou o rebote, tivo unha boa circulación de balón e deulle a volta ao marcador ata mandar por 8 puntos. Coruña vendeu cara a derrota e volveuse achegar, pero Burela xa non deixou pasar a oportunidade de estrear a conta de vitorias.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu