O Academia Mariña 04 acusou os nervios do debut na fase de ascenso

En 2ª División, Infantil, Infantil Feminino

CARLOS MADAR – Academia A Mariña 04

“No aguantamos el ritmo del partido impuesto por Basquet Coruña en este partido”

BASQUET CORUÑA 62 – ACADEMÍA A MARIÑA 04 38

O Academia A Mariña Burela 04 debutou na fase de ascenso cunha derrota ante Basquet Coruña nun encontro no que as de Carlos Madar non estiveron nunca ao seu mellor nivel, xa que acusaron os nervios do debut na fase de ascenso á Liga Galega infantil na Coruña.
As herculinas tomaron o mando no marcador nos primeiros minutos cun primeiro parcial de 20-11 que lles deu moita confianza, á vez que incrementaron o ritmo de xogo co que empezaron a descolgar ás mariñás.
No segundo parcial, con 19-10, chegouse ao descanso con 39-21. O marcador foi unha lousa para o Burela, mentres que para Basquet Coruña fortalecía o seu xogo. Ao comezo da segunda parte as herculinas despexaron calquera dúbida no resultado final cun terceiro parcial de 18-6, mentres que nos dez últimos minutos, xa sen a presión do resultado, Burela xogou os seus mellores momentos e puido terminar cun parcial a favor, 5-11.
Na próxima xornada as de Carlos Madar debutarán nesta fase de ascenso á Liga Galega infantil feminina como locais recibindo ao Peixes Bornar de Porto do Son, que vén de perder na primeira xornada ante Montrove por 70-61, polo que ambos equipos buscarán o seu primeiro triunfo nesta fase final.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu