Hierros, Estudiantes, Ribadeo e Burela con pleno de vitorias

En 2ª División, Cadete, Cadete Masculino, Principal grande

ESTUDIANTES 02 73 – ORAL DESIGN 22

ESTUDIANTES 03 74 – MGR SARRIA 36

CIDADE 50 – HIERROS 61

CB CELTAS 41 – CB BURELA 59

AXSC 25 – RIBADEO 105

 

Un dos mellores xogadores da Segunda División cadete masculina, Julián, perderase a tempada por unha lesión de xeonllo que deixou moi tocado aos de Rubén Engroba. Con todo, trala operación da semana pasada, o aleiro, xa iniciou a conta atrás para volver.
Ante a súa ausencia, Hierros Ferreiro apelou á defensa e ao potencial ofensivo de Adrián, 26 puntos, para impoñerse no derbi a un Cidade de Lugo que tivo a primeira vantaxe do partido cun triplo inicial. A partir de aí, Hierros levou o peso do partido, 4-14 ao final do primeiro cuarto.
No segundo a defensa en zona de Cidade secou aos visitantes, que ademais cometeron moitas faltas, propiciando ata 13 tiros libres cos que Cidade de Lugo se impuxo neste segundo parcial, 16-14.
Con 20-28 empezou a segunda parte. Adrián foi un coloso e, atrás, a actividade defensiva de Hierros fixo que a diferenza se ampliase ata unha renda máxima de 40-61. O parcial de 10-0 nos últimos minutos de partido maquillou o resultado ata o definitivo 20-61.
Celtas – Burela, O conxunto de Manolo Cobas tivo unha mellor posta en escena coa que se levaron o primeiro parcial, 2-16. A partir de aí o potencial dos visitantes decantou aos poucos o marcador ante un Celtas con só cinco xogadores en idade cadete, que loitou ata o final pese á inferioridade física ante un dos aspirantes ao título Provincial.
Estudiantes 02 – Oral Desing, Partido moi completo dos capitalino que dominaron todos os aspectos do xogo. Os de Iago Castro roubaron balóns grazas á súa actividade defensiva, correron ao contraataque e cargaron ben o rebote, polo que dispuxeron de segundas e ata terceiras opcións para anotar. O parcial inicial de 27-6 xa deixou o encontro visto para sentenza.
AXSC – Ribadeo, Encontro desigual entre dous equipos con obxectivos moi distintos esta tempada. O fair play do conxunto de Miguel López terá a súa recompensa co paso dos adestramentos, partidos e cando se midan a rivais no seu mesmo proceso de formación.
Estudiantes 03- Sarria B. Partido marcado pola presión dos celestes o que propiciou moitas perdas de balón por parte de Sarria, á vez que os de Andrés Corral tiveron unha gran circulación de balón para atopar tiros liberados en ataque.

 

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu