o Parcial do terceiro cuarto condena a Galén Ensino en Culleredo

En 1ª División, Preinfantil, Principal

AMIR TABOADA

“Partido muy exigente en el que competimos de tú a tú cuando nos centramos en los objetivos”

CULLEREDO 86-GALÉN ENSINO 67

Galén Ensino perdeu o primeiro encontro da temporada en Culleredo (86-67).  Nun partido cun gran ritmo de anotación, os lucenses xogaron de ti a ti ao colíder da Liga Galega preinfantil ata o terceiro cuarto,  que rematou cun parcial moi desfavorable para os de Amir Taboada.

Os ensinistas comezaron o encontro moi atentos e intensos no traballo defensivo, neutralizando aos coruñeses nas situacións de un contra un. En ataque, conseguiron tiros liberados e contraataques que lles permitiron poñerse, por momentos, por diante e rematar o primeiro cuarto cun marcador igualado. No inicio do segundo cuarto, a precipitación e a falta de acerto de cara ao aro, sumada a certa relaxación en defensa, puido custarlle o partido aos lucenses que viron como o Culleredo lograba irse no marcador. No entanto, antes do descanso, puideron reconducir a situación e controlar a distancia con esforzo e axudas constantes.

No inicio da segunda metade, Galén Ensino volveu facer demasiadas concesións a un Culleredo que ten o récord de anotación neste inicio de Liga, cunha media de 80 puntos por partido, e acabou o terceiro cuarto cun parcial de 25-9 que resultou decisivo para o desenlace. Como fixeran antes, os de Amir Taboada repuxéronse e recuperaron a actitude e concentración dos mellores momentos pero o último parcial favorable, 15-24, non foi suficiente para cambiar o signo do partido.

A vindeira xornada, Galén Ensino medirase a Estudiantes Lugo, no primeiro derbi lucense da temporada na categoría.

Culleredo: Ferrer, Quiles, Aparicio, Val, Domínguez, Gayoso, González, Rillo, Rumbo, Pereyra, Couselo e Gil.

Galén Ensino: Bruno (2), Manuel Martínez (16), Cristian (17), Sergio, Manuel Pizarro (4), Joel (26), Vento e Jesús (2)

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu